Circunvalación do Golfo Ártabro

ilustración de Cristina Barros

Imos circunvalar o Golfo Ártabro coas embarcacións tradicionais, para dar a coñecer o noso patrimonio

Programa:
Mercores 14 de agosto
Chegada e recepción das embarcacións no peirao de Ferrol. Primera noite na cidade.

Xoves 15 de agosto
Primeira etapa da circunvalación. Saída de Ferrol con destino Ares. Dormida en Ares

Venres 16 de agosto
Segunda etapa da circunvalación ao Golfo Ártabro. Saída de Ares rumbo Perbes. En Perbes haberá unha regata fronte ao peirao. Ao finalizar continuarase rumbo a Sada. Dormida en Sada.

Sabado 17 de agosto
Terceira etapa da circunvalación. Saída de Sada cara Mugardos. Dormida en Mugardos.

Domingo 18 de agosto
Última etapa, regreso a Ferrol dende Mugardos. Finalización da circunvalación do Golfo Ártabro. Regreso das embarcacións.

Ven, aprende, divírtete e axuda a conserva-lo noso patrimonio.